sábado, 23 de agosto de 2008

O Celta

Parece raro que aínda non puxen nada sobre o meu equipo neste blog. Sen dúbida, pese aos tempos amargos que nos toca vivir na segunda división, o Celta de Vigo é un gran club. Un equipo con moita identidade, símbolo de Galicia, non hai máis que ver a súa equipación, azul celeste e branco, coma as cores da bandeira, e tamén que case ninguén se da conta, o seu nome.

Tamén é símbolo dunha cidade que moitas veces pregúntome se mereceu ter un club na cumbre do fútbol internacional tantos anos coma estivo o Celta na década dos 90 e parte da década do novo milenio. Unha cidade que lle da moitas veces a espalda e só se apunta cando os tempos están despexados e ser do Celta tórnase moi fácil, mentras tanto, os dous grandes equipos do estado, léase Barça e Madrid, tornan das súas cores os coraóns de gran parte da cidadanía viguesa amante do futbol, pero iso é algo que os fieis ao azul celeste non podemos remediar. Por sorte hai un grupo acérrimo, vigueses e non vigueses (incluso de fóra das fronteiras, tanto galegas coma ibéricas incluso), que non abandoan o equipo, e iso é realmente o que mantén vivo ao Celta. Os xogadores van e veñen, algús realmente bos que se involcran tamén e outros que non lles importa nin un ápice a historia do club onde xogan nin os sentimentos da xente, para un gran exemplo, os xogadores do ano pasado, pero iso son outras historias das que xa falaremos noutra ocasión...

O que quería falar hoxe, posto que se acerca o comezo do novo campionato, e da temporada ilusionante que vén. Nos últimos anos acostumábamos a ver a moitos brasileiros, arxentinos, franceses, holandeses, incluso algún mozambiqueño na plantilla! o que non ten nada de malo, sobre todo se aportaban tanta calidade no terreo de xogo coma podían ser as lendas do celtismo como os rusos Karpin e Mostovoi. Mais sempre se botaba de menos a presenza dalgún xogador autóctono, da terra, que soupese ben ,ao menos antes de chegar ao clube, a onde viña e con que trataba. No anterior período, poidemos desfrutar tan só de poucos xogadores así que saían da canteira e ben triunfaban e os levaba un equipo máis grande ou ben non lles daban as oportunidades suficientes e fracasaban tendo que marchar pola porta de atrás.

Este ano parece que aprendemos ben a lección sobre a tempada anterior e non me queda máis que aplaudir a política de fichaxes que se levou a cabo. Dende que eu levo seguido a este equipo nunca vira a oportunidade de ter nin máis nin menos que a seis galegos xa non na plantilla, se non no once titular. O mellor de todo e que non é só polo dato, que non tería moito sentido, máis ben é que eses galegos constitúen o pilar principal para afrontar a nova liga en busca do ansiado ascenso, porque sen dúbida son fichaxes moi acertadas, unidas a xente que promete da canteira e a dous xogadores que xa coñecemos ben de xogar aquí polo seu bo compromiso e bo xogo.



Estamos falando de seis xogadores que seguramente en inverno formen tamén parte dos titulares no combinado nacional. Comezamos pola defensa na que Rubén, natural de Compostela, tras pasar polo Real Madrid e facer unha boa campaña no Rácing de Santander recalou no Celta no que non se topou cun bo bloque na súa primeira tempada pero que de seguro demostrará a súa seguridade no centro da defensa este ano. O seu lado terá ao ourensán Noguerol, fichado este ano das filas do Albacete, todo un seguro defensivo con moita experiencia na segunda división, el é un vello coñecido da afeció celeste, pois xa estivo aquí vai uns anos pero tuvo que marchar pola falta de oportunidades, agora pode ver cumplido o seu desexo de xogar no Celta por fin. Seguindo na línea defensiva, temos segundo a opinión de moitos seguidores, ao mellor xogador do equipo no curso pasado, o vigués Roberto Lago, lateral esquerdo que foi unha revelación asentándose no posto durante tódolos partidos, mellorando un tras outro, esperamos que esta campaña non só repita o bo da anterior, se non que siga mellorando.

Adiantando unha línea temos ao puntal do Celta deste ano, outro vello coñecido, Borja Oubiña, que este ano voltou despois dunha cesión no Birmingham inglés, o malo e que non poido desfrutar moito da súa etapa na Premier, posto que lesionouse a poco de comezar. Este ano volta para reivindicarse e axudar o equipo que o viu crecer moi alto, pois recordemos que foi un xogador moi cotizado por grandes clubes coma o Benfica ou o Real Madrid que seguían fortemente a súa contratación, esperemos que guíe o Celta de novo como xa fixo a última vez cara o lugar onde merece estar, a primeira división. Ao seu lado contaremos con outra fichaxe, procedente das Palmas viu probablemente o xogador máis talentoso do fútbol galego nos últimos anos, Roberto Trashorras, nado na provincia de Lugo. O que xa fóra xogador do Barça é unha das fichaxes estrela deste ano, coa súa calidade os dianteiros estarán contentos pois é unha das súas especialidades, o pase entre liñas que tan dano fai ás defensas rivais e que o levou a ser dos mellores centrocampistas da segunda división o ano pasado.


Por último non nos vamos esquecer dunha das grandes promesas da canteira celeste, o cambadés Dani Abalo, que xa debutou coa camisola celeste pero que aínda non lograra facerse un oco no primeiro equipo ata este ano, as súas grandes virtudes son o seu desparpaxo unido a unha boa técnica que esperemos que faga revitalizar esa banda dereita celeste que necesita un bo sucesor do último gran xogador que a ocupou, o anteriormente citado Valery Karpin.

Estes son, os que en principio non deberían ter moitos problemas para facerse un oco no once titular, máis todavía temos máis galegos na plantilla coma Jonathan Vila, mediocentro ou outros xogadores da canteira que van subindo esporádicamente. A pena foi que tentamos contratar aos xogadores galegos máis en forma actualmente que son Jonathan Pereira e Diego Castro, que querían vir ao noso equipo, mais coa nosa entrada na lei concursal e coa nosa situación en segunda división non foi posible.

Finalizando, este ano tamén fixemos boas contratacións sobre todo na dianteira onde o máximo goleador da liga brasileira, Dinei, máis o mellor xogador de Letonia, Maris Verpakovsis, asinaron vai pouco por un ano coa elástica celeste. Agardamos que non se repita a mala tempada anterior e consigamos estar outra vez onde merecemos, ata entón... coma sempre, o de sempre, HALAAAAAAAAAAA CELTAAAAAAAAAAA!!!!!!!