viernes, 22 de mayo de 2009

Grata sorpresa

Moitas veces as cousas pasan case como de casualidade, coma un capricho do destino. O feito e que eu xa case me olvidara por desgraza deste blog, foi tal a sorte que por mor dun artigo para a revista do meu colexio maior, lembrárame del para buscar unha entrada acerca de Santiago co cal inspirarme para facer o novo.

Pero atopei moito máis que iso, atopeime por dicilo dalgún xeito, a min mesmo. Non escribín demasiado ao longo dos algo máis de dous anos que ten este blog pero o que escribín si e suficiente como para darme conta das miñas inquietudes, preguntas, ilusións e esperanzas que sempre estiveron presentes moi dentro de min.

Por iso hoxe é pra min unha auténtica alegría e premio que o destino fixo que eu entrase aquí xa que se nalgún momento perdinme, acábome de atopar e iso é o maior regalo que pode ter unha persoa.

Non podo prometer escribir con moita frecuencia, e menos nestas datas cargadas de traballo, o que si é que sempre terei en conta este blog que naceu no meu dezaoito cumpreanos, unha data especial. E lembrando isto, sinto non actualizar como era costume, ese día 5 de marzo, que tanta relevancia ten para este blog e para min mesmo. Dos errores tamén se aprende, así que seguindo as pautas que sempre guiaron a un, rectificarei e tentarei pasarme máis a miúdo por aquí.