sábado, 3 de noviembre de 2007

A investigación científica

Demostrar que se a > 0, entón -a < 0.

Este é un exemplo de exercicio dunha asignatura da carreira, parece algo obvio pero hai que demostralo e ese é o que parece o paso complicado. O primeiro que hai que ter en conta é que non hai que desesperarse, tomarse as cousas con calma e que se ten a suficiente capacidade para resolvelo, xa que ao final é cousa de aplicar a lóxica e así evitar afogar nun simple vaso de auga. Puxen este exemplo porque en realidade é unha tontería, o que hai que facer é nada máis que:

a - a > 0 - a;

0 > -a

E xa queda demostrado, coma se ve, ás veces a calma e a concentración sn un factor moi importante, e é algo que hai que saber coidar á hora de presentarse a un exame no que ao mellor poñenche algo sinxelo coma isto e polos nervios non se é capaz de facer como a moita xente lle ten pasado en exames de calquera materia.

O problema está obviamente en cousas máis complicadas, agora hainas que entender ben e estudar moito por suposto, pero é bonito coma vánse entendendo esas fórmulas matemáticas que se vían ás veces nos artículos da wikipedia, por exemplo o que é un gradiente dun campo:


Coma se pode ver, na carreira de Física son moi importantes as matemáticas e coma diría un coñecido profesor meu, un físico sen matemáticas é un cociñeiro e un matemático sen física só se dedica a facer elucubracións mentais. Hoxe en día a física encárgase mediante a súa liguaxe, a matemática, de avanzar na investigación científica en moitos ámbitos diversos, dende a construcción de edificios ou as comunicacións ata as especulacións acerca da orixe do universo. A física é en definitiva o coñecemento do noso mundo e a nosa adaptación a él, conseguindo cos medios ao noso alcance cousas maravillosas, é dicir, mediante esta disciplina coñecemos as leis fundamentais que imperan no orde natural de tódalas cousas, dende as interaccións electromagnéticas ata a forza existente que fai que non saiamos disparados por mor do movemento da Terra.



Alí na carreira, temos dende cousas básicas nas que impera a lóxica ata cousas máis complexas que en relidade están fundamentadas neses principios. É moi bonito ver coma dende algo tan sinxelo coma a definición innata que ten o ser humano do concepto de unidade e das propiedas que ofrecen a suma de unidades, vaise construindo un coñecemento sólido e irrefutable coma é o modelo matemático. E con ese modelo imos avanzando no saber e na ciencia, no progreso en definitiva. Parece increible ver coma nuns miles de anos desenrolamonos desta forma, nunha era na que grazas á nosa perseverancia na investigación e na abstracción de novas teorías conseguimos cousas tan asombrosas coma pode ser que unha máquina xigante sexa capaz de voar ou que cheguen imaxes a unha pequena caixa instalada en tódolos fogares.

Todo isto foise logrando en parte grazas á colaboración de millóns de persoas que querían saber máis do noso mundo mediante a ciencia, e foron entre todos descubrindo e soubendo máis e máis cousas.

E aínda hoxe non temos límites ao noso saber, síguense as investigacións e a abstracción de novas fórmulas matemáticas que coma dixemos antes, son totalmente verídicas e inherentes á nosa intelixencia. Nós concebimos o mundo de tal maneira pola cal evidenciamos cousas de maneira universal (para todo o mundo) e necesaria (para sempre) coma por exemplo que 1=1 e logo a partir de aí foise construindo o edificio do coñecemento coma diría o gran filósofo e matemático René Descartes, ata chegar ás fórmulas máis complexas coma pode ser o cálculo dunha integral que está fundamentada neses principios, coma se de bloques se tratase que nunca caerán porque en ningunha das súas estructuras falla nada.

E é que a filosofía e as mátematicas por contrario que poida parecer, foron nun tempo a mesma cousa, e aínda hoxe en día xunto coas demáis ciencias coma por exemplo a física, teñen o mesmo obxectivo, que non é outro que o desenrolo da nosa razón e intelixencia para responder ás preguntas que dende o principio dos tempos nos atañen, a enigmática busca da verdade, unha búsqueda realmente fermosa na que pouco a pouco imos sabendo máis aínda que nos queda quizais moito por saber pero coma diría calquer científico, "o placer está na búsqueda".

Donde está o límite do noso coñecemento? Quen o sabe, é bonito pensar que non o hai, e de feito de momento parece iso. Inventáronse milleiros de ordenadores, capaces de facer moitos cálculos complicados a velocidades increíbles pero non son nin a milésima parte da capacidade mental dun ser humano. Nós aproveitamos o logrado por xeracións anteriores para acercarnos máis á verdade e mentras extraer deso novo que sabemos para construir un mundo máis avanzado e cómodo, unha das consecuencias máis salientables da investigación científica. Por exemplo, o uso da electricidade nos fogares, antes de inventares a bombilla, os experimentos non creo que tivesen o obxectivo de ter alumeada a casa por medio de electricidade na noite senón máis ben o de coñecer máis de cerca ese fenómeno natural que sempre nos cautivera ao longo do tempo.

Podería estar falando moito máis destas cousas, como o teño falado con máis de algún durante bastante tempo nalgunhas conversacións, e seguro que o farei máis adiante en sucesivas actualizacións, pero o estudio me espera e para poder saber algo máis acerca deste mundo tan cautivante e misterioso, hai que aprender o que outros xa descubriron anteriormente para a partir de aí poñer unha pedra máis nun edificio do saber que se extende ata os límites máis insospechados do infinito.

No hay comentarios: