sábado, 18 de octubre de 2008

Segundo ano na USC


Xa vai un par de meses dende a última actualización, tempo suficiente para ocorreren moitas cousas. Logo dun par de viaxes lonxanos dos que hai moitas cousas que contar, o cal o farei máis adiante, estamos de volta na nosa querida terra da que xa un tiña morriña a pesar de ir a lugares tamén fermosos.

O tema de hoxe será a agardada volta ás andadas na universidade, digo agardada xa que despois da gran experiencia do ano pasado un xa ten gañas de ver de novo aos amigos. Sobre todo ao final do verán onde xa ata queres voltar a estudar por mor do aburrimento que caracteriza ao último periodo das vacacións.

Este ano sen dúbida a nota discordante é o chamado factor sorpresa, cando un é novo en calquera cousa, sempre lle chama máis a atención todo e desfruta ante as novas sorpresas que non se espera. É por iso que agora que un xa leva un ano na universidade non se estrana no novo sistema educativo ao que se ten que adaptar, non lle estranan os novos compañeiros posto que xa os coñece e non lle estrana a súa nova vida de emancipado (no caso de que se estude fóra, claro), entre outras cousas.

Todo ese cúmulo de experiencias novas fan que cando un inicia a súa vida universitaria véxase nun novo e fantástico mundo que lle abre as portas e que chama máis a atención que cando un xa sabe o que se vai a atopar, que é o caso deste ano.

De tódolos xeitos que non pareza que estou criticando isto, xa que para todo hai unha primeira vez e esa xa a vivimos afortunadamente con moi boas lembranzas, que por suposto non se esquezarán. Só quería facer unha retrospectiva das cousas boas de ser novo para analizar as cousas boas de ser un "experimentado" (que non é tal xa que aínda só se leva un ano que non é tanto).


Ao levar xa un tempo, non demasiado como xa dixemos, tamén se goza dunha serie de vantaxes, tales coma que xa coñeces a moita xente coa que relacionarte dende o comezo, tal coma que non tes que adaptarte tan súbitamente á nova forma de estudar e podes estar algo máis tranquilo porque sabes máis ou menos por onde van os tiros e tampouco tes que adaptarte tanto á vida fóra da casa porque tamén sábese un coma organizarse en principio. Unha serie de vantaxes que non impiden que tampouco haxa sorpresas novas dende logo, posto que sempre un está aberto a coñecer xente nova, a organizarse doutra forma ou a ter profesores que innoven na súa forma de evaluar por dicir algún exemplo.

Finalizando, esperemos entón que todo saia a pedir de boca este novo curso tanto a nivel de estudos coma a nivel persoal, que sendo novo ou non, a vida universitaria hai que desfrutala en tódolos sentidos, un saúdo!

5 comentarios:

Anónimo dijo...

yeah! its much better,

Anónimo dijo...

ok. I found an information here that i want to look for.

Anónimo dijo...

very nice! hahahahaha

Anónimo dijo...

when will you go online?

Anónimo dijo...

help me.