domingo, 3 de junio de 2007

A nosa lingua

Hoxe por fin decidinme e estiven dende as 5 ata as 9 estudando, non de seguido está claro pero polo menos púxenme á faena. Estiven lembrando tódolos eixes temáticos e obras da literatura galega que demos ao longo do curso, dende Manuel Antonio e Castelao ata Suso de Toro ou Manolo Rivas. Hai que ver a cantidade de bos autores e obras que tivemos nun só século, e nese século cando nos deixaron. Vése así que a nosa literatura é unha fonte chea de recursos, dende as composicións máis tradicionais ata as novas correntes que van chegando. Sen embargo, a inspiración sempre é a mesma, a saudade e sentimento cara unha terra que fai sacar de nós as mellores palabras.

Posteriormente repasei a sociolingüística, algo do que xa teño falado aquí e que agora vou retomar. O outro día vin noutro blog un documental sobre a situación actual da lingua galega, e gustoume moito, foi emitido na televisión de Galicia o día das letras galegas e amosa fielmente conceptos como o de diglosia e desgaleguización nas grandes cidades.

O documental comeza cunha rapaza residente nunha vila de Lugo que fala de maneira íntegra en galego e tanto ela coma os seus compañeiros do instituto enorgullécense delo, é máis, incluso se alguén fala castelán é por algunha razón extrana. Algo impensable en Vigo por exemplo e que dá conta de que todavía existen moitos xoves galegofalantes no rural.

A seguinte persoaxe é un xove da Coruña que fala castelán porque todo o mundo o fai e criouse nese ambiente, el e os seus amigos recoñecen que non teñen nada en contra do galego pero que lles resultaría dificil cambiar a esas alturas.

O seguinte caso é un estudante universitario de Compostela que un día decidiu comezar a falar galego, é dicir, é un neofalante que botou fóra tódolos prexuízos e medos e botouse á aventura.

Outro rapaz de Bueu que comezou falando galego rematou falando en castelán pola presión dos medios de comunicación e da educación.

Por último temos a outra estudante en Santiago que decidiuse a aprender galego sendo coreana.

Espero que vos guste se vos decidides a miralo, prega a pena, é bastante entretido e amosa ben a realidade na que convivimos.





PD: Non o atopei no youtube, tan só un trailer que volo deixo aquí así que non podo poñelo para velo directamente, pásovolo enlace do googlevideo co video completo.


http://video.google.es/videoplay?docid=-7399630610169788180

No hay comentarios: