martes, 24 de julio de 2007

O fenómeno Fotolog

Coma xa dixen, agora que retomei o blog xa collín folgos e vou actualizalo máis a miúdo. E agora vou falar do propio blog, deste en concreto.

O meu blog cónstame que non o le moita xente, é máis, paréceme a min que casi ninguén ou ninguén directamente, pero que vou dicir, esa é a esencia do blog. Se tiramos de wikipedia dinos que "El término blog proviene de las palabras web y log ('log' en inglés = diario). El término bitácora, en referencia a los antiguos cuadernos de bitácora de los barcos, se utiliza preferentemente cuando el autor escribe sobre su vida propia como si fuese un diario, pero publicado en Internet en línea" é dicir, ao estilo dun diario personal que podes configurar á túa maneira e gusto, uns porán o que lles acontece cada día e outros coma eu poñemos algunhas reflexións e un pouco de todo cando nos apetece.

Non vai moito tempo, facer un blog estaba de moda, a min chegoume tarde iso, esperei a un acontecemento en concreto para decidirme (coma expliquei na primeira entrada), aínda que xa o tiña pensado antes. Agora o fenómeno Blog deu lugar a unha nova variante máis novedosa e que atrae a máis xente, o chamado Fotolog. A dicir verdade non sei moito a diferencia que pode haber con respecto a un blog normal e corrente xa que nun coma este tamén podes poñer as fotos que queiras pero supoño que coma todo, o doado é o que atrae, alí a interfaz está diseñada para colocar a imaxe que queiras de formas sinxela.

Xa coñecía de antes a moita xente con fotolog, onde pos unha imaxe e máis ou menos un texto relacionado, eses foron os precursores pode dicirse, pero agora o número de persoas creceu considerablemente. Se voto unha mirada aos meus contactos do Msn podo ver nos seus nicks unha dirección que comeza por http/fotolog/...., é un aútentico fenómeno de masas. O que máis o e o que menos, ten un fotolog propio, incluida a xente que non ten internet na casa e non ten nin correo eléctronico, o básico na rede, pero si ten fotolog. Facendo unha análise penso que aparte do seu funcionamento sinxelo, o éxito desta páxina radica nos comentarios que se poden poñer entre amigos, con cada entrada e foto publicadas premes o botón para ver os comentarios e aprécianse unha chea deles... no fondo, á xente o que lle gusta é sentirse querida e ter unha serie de comentarios cada vez que pos algo é unha mostra clara de afecto de aqueles que están pendentes do que escribes. O que contribúe a ese vínculo entre os "flogs" ,coma se di coloquialmente, é a posibilidade de poder por na túa páxina as webs dos demáis amigos do flog e así ter un acceso rápido a eles.

Despois de que o Msn Spaces funcionase ben pero non tivese un éxito tal coma o esperado, o "Flog" toma a vantaxe, a pregunta é por canto tempo, logrará establecerse definitivamente ou teremos outro fenómeno de masas na rede relacionado con isto? O único claro é que va en auxe, mentres tanto eu seguirei co meu blog aínda que debo recoñecer que si fixen vai tempo unha conta no fotolog, incluso antes que este blog, aínda que só publicara unha entrada daquela pero finalmente non trascendeu a cousa.

No hay comentarios: