domingo, 9 de septiembre de 2007

Compostela, o legado dos celtas

Logo dun período de letargo, volvo a actualizar, esta vez vou falar da que a partires de agora vai ser a miña cidade xunto con Vigo, non é outra que a capital de Galicia, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela é unha desas cidades especiais que cada vez que a pisas sintes que estás nun deses lugares que por estranas razón fanche sentir cousas dificiles de explicar. Un lugar bohemio e romántico que a fai única. Non é de estranar que sexa unha das cidades máis premiadas de todo o mundo, incluindo o galardón de cidade patrimonio da humanidade cedido pola UNESCO e tamén o terceiro punto de peregrinación cristiana máis visitado despois do vaticano e de Xerusalén.

Milleiros de persoas visitan Santiago cada día, coma ben se sabe, é o destino final do famoso Camiño de Santiago, que trae a Galicia a uns peregríns desexosos de visitar a apabullante catedral situada no centro da cidade, erixida en favor do santo cuxos restos descansan dentro.

A lenda conta que a intensa luz dunha estrela postrada no bosque Libredón iluminou ao ermitaño Paio, que de seguido llo comunicou ao obispo Teodomiro, pertencente á diócese de Iria Flavia (hoxe Padrón). Ao chegar a ese enigmático lugar, descubriron os restos do Apóstolo Santiago, que se di que chegara ás costas galegas nunha barca de pedra a predicar polo fins terrae e que fora enterrado nun lugar descoñecido da Gallaecia oito séculos antes do descobremento.

Resulta intrigante, que ese lugar, onde se contruitía unha pequena igrexa posteriormente e que comezaría a ser punto de peregrinación por todo o mundo, xa o fose antes. Cóntase que quizais polas propiedades máxicas dese enclave, xa na prehistoria era un punto de reunión entre os druidas celtas. Un lugar chamado Compus Stellae, é dicir, "Campo de Estrelas", topónimo que derivou no que todos hoxe coñecemos coma Compostela. O feito é que a partir do descobremento deste sepulcro, edificouse unha cidade arredor do ano 830 d.C. sustentada arredor da Catedral que se levantou posteriormente a partires da chegada de millóns de peregríns en ofrenda ao Apóstolo Santiago.

Unha catedral que foi testigo do auxe que viviu esta cidade durante o medievo, constituíndo unha das cidades máis importantes dende o punto de vista cultural e económico de Europa, un asentamento cosmopolita, ao que chegaba xente de tódoos rincóns do mundo. Xente que deixaba a súa pegada, non é de estranar que gran parte do éxito das cantigas galego-portuguesas tivese a súa base na chegada de grandes persoaxes da cultura mundial a Compostela. A temporada de maior esplendor da cidade veu de man do arcebispo Diego Xelmírez, que encargou a construción do que hoxe é unha das catedrais máis fermosas que se poden visitar, por petición de Xelmírez, o Mestre Estevo remataría as obras arredor do ano 1125.

No século XIII a catedral móstrase en todo o seu esplendor, atraendo cada vez a máis fieis de toda a cristiandade e reforzando as peregrinacións á cidade. Neste tempo está xa definido o Camiño Francés, o máis importante dos que chegan a Compostela. As peregrinacións dan lugar a un fenómeno decisivo na vida da cidade: a instalación dos conventos das ordes mendicantes, polo xeral nas portas da cidade. Conventos como San Francisco, Santo Domingo, Santa Clara ou Belvís, crean novos núcleos que determinan a estrutura da cidade histórica situada extra muros. Ó longo da Baixa Idade Media, Compostela foise conformando tamén como un importante núcleo industrial e comercial: rúas como a da Caldeirería, Moeda Vella, Acibechería ou Concheiros testemuñan a existencia de gremios ricos e florecentes.

Pouco despois do decobremento de América por parte de Cristobal Colón, a familia fonseca asentaría definitivamente a Santiago coma núcleo cultural europeo ao fundar no 1525 o que hoxe é a USC (Universidade de Santiago de Compostela), aínda que por aquel entón era o Colexio de Estudantes Pobres, instituído por Alonso de Fonseca III en 1525. Dende ese momento, Santiago adquiriría un forte carácter de cidade académica e estudantil que aínda conserva. E é que a USC é unha das universidades máis antigas do vello continente, cunha gran tradición académica e coñecida alén das fronteiras. A universidade está plenamente integrada coa cidade, conectada co centro histórico a través do fermoso parque da Alameda co campus sur, e a escasa distancia do casco histórico co campus norte.

Ademais dos dous campus en Santiago, tamén dispoñe dun en Lugo e as outras universidades de Galicia, as de Vigo e A Coruña, foron fundadas a partires da USC. Santiago é unha cidade universitaria, máis de 65000 estudantes permanecen no curso académico na cidade, a maioría prodecentes de tódolos puntos de Galicia, uns cantos de Portugal, algúns do resto do estado español e tamén xente de calquer nacionalidade que recaen alí mediante o programa Erasmus.

Cando chegan as vacacións, Santiago nota a falta dos estudantes na vida diaria, pero é compensada coa oleada de peregríns que aproveitan estas datas para facero famoso camiño, do que se levan un bo recordo e unha grata experiencia. Todos eles chegan despois dunha longa travesía ao kilómetro 0, situado no centro da praza do Obradoiro, en fronte da imponente fachada da catedral.

Unha catedral que impresiona nada máis avistala dende o horizonte, exemplo dun arte barroco que maravilla a todo o mundo, en Santiago hai unha lei que prohibe edificar por riba da altura das torres da catedral, e de seguro que é de agradecer; xa que dende calquer punto da cidade pódense avistar alí ao lonxe, vixiantes para salvagardar a calma e o sosego que caracterizan a Compostela, a cidade donde o tempo se detén e os momentos son eternos.

E iso último unha das características pola cal Santiago é tan especial, os seus rincóns gardan unha beleza inmaterial, que trascende os sentidos e cálache moi adentro. Tes a impresión destar noutra época ou noutro lugar, quen sabe, afastado de tódolos problemas que trascenden ao resto do mundo. Soa un ambiente de música celestial por tódolos seus rincóns e as súas rúas fálanche de tempos inmemoriais cargados de fantasía, visitar Santiago é facer unha viaxe polo tempo.

Finalmente destacar que Santiago coma capital, é unha cidade plenamente galega, nela podemos atopar o museo do pobo galego onde hai multitude de elementos propios da nosa cultura, o panteón dos ilustres galegos entre os que se encontra entre outros Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, e tódolos organismos da xunta, coma o Parlamento Galego. Todo isto ademáis de ser unha cidade clave no que foi durante un tempo o antigo Reino de Galicia. Ademáis Compostela é unha desas cidades que conxunta moi ben os novos tempos co tradicional, coma xa dixemos, pasear polo casco histórico é coma dar unha viraxe a unha época anterior pero no ensanche da cidade, que está adaptado aos tempos modernos sen perder a súa identidade, podemos encontrarnos de súpeto cunha edificación puramente galega coma pode ser un hórreo, acompañado da súa correspondente horta, tan característica da nosa terra. Ademáis diso, Santiago é unha cidade verde totalmente, con multitude de parques e rodeada de fermosos prados, dende os que ver as estrelas á noitiña neste enclave de ensoño.

Fontes para o tema da historia: santiagoturismo.com e wikipedia.es.

No hay comentarios: