martes, 27 de marzo de 2007

Música Galega

O outro día navegando un pouco pola rede topeime no YouTube uns videos dun grupo que xa coñecía pero non indagara moito nas súas obras, trátase de "Luar na lubre", un grupo de música celta galega. Ten de abandeirado ao famoso músico Mike Oldfield, que di que se trata do mellor grupo de música folk do mundo, e eu penso que razóns non lle faltan.


Sen dúbida son moi bos, aproveitei para conseguir tódalas cancións que poiden deles e a verdade que son todas caralludas. Ademais moitas delas afloran o sentimento cara a nosa terra cos seus fermosos acordes ao compás das marabillosas paisaxes do territorio galego.

Recoméndovos, se tedes a ocasión, de escoitar algunhas das súas cancións, que prega a pena. Póñovos o video dunha canción ,versión dun poema de Federico García Lorca cara a nosa cultura, que a min paréceme realmente fermosa. Titúlase "Chove en Santiago".



No hay comentarios: