jueves, 31 de mayo de 2007

Diglosia


Aproveitado estes días de estudo para selectividade [que por certo terei que porme máis en serio pero bueno aínda queda tempo... ]vou falar acerca dun asunto que nos atinxe a tódala nosa sociedade, a sociedade galega.

É ben certo que existe o denominado auto-odio en Galiza, é algo tan galego coma poden ser os percebes, as vacas rubias ou o licor café. Desgraciadamente, non aprendemos e isto segue a orde do día. É moi frecuente que ,sobre todo na cidade, a alguen que fale galego lle caian de súpeto unha serie de adxectivos e prexuízos tan só por falar a lingua da súa terra, unha lingua que cecais por tradicón sería máis normal e lóxico que falasemos todos. Parece que un galego falante ten que ser unha de dous, do "monte" (menuda parvada) ou do BNG, éstes non son máis que tópicos xerados por ese auto-odio que temos cara a nosa propia cultura e cara a nosa propia lingua. Un auto-odio que quizais pódese entender na xente que foi educada nel, durante o franquismo por exemplo, cando as campañas de desprestixio da lingua estaban á orde do día e non quedaba máis remedio que acatar se non querías levar represalias. Incluso tamén, nos fillos dos de esea xeración, pois os seus pais quererían labrarlles un bo futuro e eles pensarían que ese bo porvir viría a través da lingua de "prestixio" promocionada polo franquismo aínda que fose unha falacia inventada por éstes.

Un cativo aprende a andar despois de varias caídas pero nós parece que non temos remedio, é moi común nas grandes cidades galegas coma Vigo ou A Coruña que se chega alguen do interior ou dun pequeno pobo falando a lingua de seu, a xente fique sorprendida ante o acento marcado e na xuventude que sexa causa de mofa incluso, algo lamentabel xa que estánse mofando dunha parte deles aínda que non se den conta. Cada un leva marcado no seu interior a tradición e costumes da zona onde se criou e onde vive, é algo que permanece para sempre e marca dalgún xeito a personalidade e o ser de ecada un tamén. Cando alguen mófase coma na situación que puxen anteriormente, estáse rindo de si mesmo; por pór un exemplo, e coma se alguén estase mofando dalgunha parte do teu corpo con dureza e ti ríelles as gracias.


Esta é unha mostra das moitísimas situacións deste tipo que existen, vou pór unha máis, a que me levou a escribir este comentario, pois foi algo curiosa. Eu estaba hoxe na consulta do médico, agardando o meu turno. En fronte miña había tres vellos que falaban en galego, un deles nun momento foi ao servicio e mentres estaba alí veu outro vello que foise sentar no sitio que deixara baleiro o outro, antes diso preguntou se estaba ocupado e un deles díxolle que si pero logo cambiou de idea e díxolle que non importaba. Vós diredes, vaia tontería, pero o chocante foi que a conversa mantívose en castelán, é dicir, ante un descoñecido falaron todos castelán cando en realidade todos os vellos da historia eran galego falantes pois o que veu sentarse terminou falando galego tamén despois. Isto non é máis que un exemplo da situación de diglosia que vive a nosa lingua, eses vellos seguramente fixeron un esforzo por falar en castelán (xa que non é a súa lingua habitual) tan só para falar cun descoñecido, e ese último fixo exactamente o mesmo. Que sucede? Resultará unha vergoña cara a lingua ou simplemente costume doutros tempos de facelo así? Eu penso que neste caso é o segundo mais hai outros casos nas que é o auto-odio, esa vergoña a que levaría a esta situación.

A cuestión final é cando rematará isto e poidamos falar a nosa lingua nas grandes urbes do noso país con total naturalidade, sexas da clase ou da condición que sexas, sen estar exposto a prexuízos e moito menos discriminacións. O día que ocorra iso, Galiza será unha forza viva.

No hay comentarios: