miércoles, 16 de mayo de 2007

Un día especial

Levo tempo sen actualizar, incluso non escribín a ledicia que sente un cando logo da incertidume de suspender a primeira vez, aproba o carnet de conducir (si, aprobei por sorte :D). O motivo? Está claro, os exames. É que resulta que xa estamos na recta final do curso, bastante dura e cargada de exames e traballos que non che deixan tempo libre. O importante é esforzarse agora e recoller máis adiante os frutos (aínda que queda a selectividade todavía pero diso xa falarei).

Nesta entrada vou falar do que me permite estar escribindo isto nestes momentos, a festividade do día das Letras Galegas. Un día bonito , sen dúbida, que nos serve para ter presente a nosa lingua e ás grandes persoaxes que contribuíron a mantela nunha posición digna e que desfrutaban dela coma deberiamos facelo nós. Cada ano hónrase a algún destes grandes precursores da nosa lingua, xa foron galardonadas persoas ilustres coma Rosalía de Castro ou Castelao. Tirando da Galipedia atopamos unha definición xeral:

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia através da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.

O 20 de marzo de 1963, baixo o franquismo, tres membros da Real Academia Galega (Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego) presentaron nesta institución a proposta de celebrar o 17 de maio para recoller o "latexo material da actividade intelectual galega". Estimaban que o poemario de Rosalía era a primeira obra mestra da literatura galega contemporánea, é dicir, considerábana a primeira obra do Rexurdimento.


Este ano está adicado a unha muller, María Mariño que foi unha das maís importantes poetas do século XX. A min paréceme un día digno de conmemorar na nosa comunidade, máis tendo en conta o preocupante proceso de desgaleguización sobre todo nas grandes cidades, hai que sacar un maior espirito e conciencia cara a nosa terra que acolleunos coma fillos seus e fainos desfrutar coa beleza dos seus paraxes.

No hay comentarios: